sábado, 1 de diciembre de 2012

Postais de Nadal

Hoxe enviamos as nosas postais navideñas. Esta semana, os rapaces traballaron duramente para que as postais estiveran preparadas para envialas a primeira semana de decembro. E os conseguimos! Agardamos con moita ilusión as postais de Grecia, Italia,Letonia, Reino Unido, Rumanía,…



Deletreamos AUTUMN

Para novembro, tivemos que aprender 5 letras do abecedario. E que mellor maneira que aprender a deletrear Autumn!

Ollade, ollade!!!!

Actividades de novembro

Para o mes de novembro as actividades que se plantexaron foron as seguintes:
-Aprender  cinco letras do abecedario.
-Crear un libro ou caderno onde os nenos anotarían palabras que comencen coas letras aprendidas. Ademais , os rapaces ilustrarían algubha delas.
-Coñecer palabras relacionadas co outono ou Halloween xogando con tarxetas ou flash cards que conteñan o debuxo, a 1º letra coa que empeza cada palabra ou a palabra completa.

Ademais como actividade complementaria, decidimos preparar e enviar unhas postais navideñas para que os nenos se felicitaran polo Nadal.